Na campaña da renda de 2025, as persoas mutualistas enfróntanse a un cambio relevante respecto ás devolucións do IRPF polas cotas pagadas ás mutualidades, en comparación co procedemento vixente en 2024.
-
Novedad principal:
Facenda suspendeu o sistema anterior de devolucións masivas e implantou un novo calendario e procedemento. Agora, as devolucións do IRPF poderanse solicitar ano a ano, de forma fraccionada, mediante formularios específicos que estarán dispoñibles na web da Axencia Tributaria durante o prazo de presentación da declaración da renda. -
Cómo funciona o novo sistema:
Na campaña da renda de 2025, só se poderá solicitar a devolución correspondente ao exercicio de 2019 (e anteriores non prescritos). En 2026, poderase pedir a de 2020; en 2027, a de 2021; e así sucesivamente. As persoas mutualistas que non iniciaran o trámite ou que o solicitaran pero non recibiron o ingreso, deberán acollerse a este novo procedemento. -
Comparativa co 2024:
O ano pasado, as persoas mutualistas podían solicitar a devolución de todos os exercicios pendentes (2019-2023) nunha soa xestión, e o reembolso realizábase dunha vez. Agora, o proceso é máis lento e escalonado, o que pode atrasar a recuperación das cantidades abonadas en exceso.
Por todo isto, a campaña da renda 2025 introduce un sistema máis restrictivo e paulatino para a devolución do IRPF a mutualistas, en contraste co mecanismo de 2024. Se tes dúbidas o sínteste un pouco perdido, achégate ás nosas oficinas.